Hemeroteca

Asset Publisher

Back O Castelo de Santa Cruz ilumínase esta noite de morado polo Día Mundial contra o Alzhéimer

Oleiros, 21 de setembro de 2015-. O Concello de Oleiros súmase hoxe á conmemoración do Día Mundial contra a enfermidade do Alzhéimer coa iluminación morada do Castelo de Santa Cruz. Ademais, a Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer e outras demencias de A Coruña (AFACO) colocou mesas informativas en Santa Cruz para tentar darlle visibilidade á enfermidade e que sexa considerada polas administracións competentes unha “prioridade na saúde pública”. 

Dende hai varios anos, o Concello de Oleiros colabora coa Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer e outras demencias de A Coruña (AFACO) en diferentes programas destinados a coidadores, tales como "Descubrindo Emocións" e "Coidando Emocións". Hai dous anos, os nenos e as nenas de 5º e 6º do Colexio Isidro Parga Pondal participaron nun programa destinado a escolares no que se divulgaron boa parte dos problemas derivados destas doenzas.
 

back link