Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás O Auditorio Gabriel García Márquez acolle o venres un espectáculo de danza da compañía Kirenia

 Oleiros, 19 de abril de 2021-. A compañía Kirenia Danza presenta este venres día 23 de abril, ás 20:00 horas, o espectáculo Os coidados: primeiro a vida. A autoría, coreografía e dirección é obra de Kirenia Martínez e o equipo artístico está formado por Xoel Álvarez e Esther Latorre, con Branca Novoneyra na asistencia coreográfica.

 
Este espectáculo é un eloxio dos coidados, é dicir, tecemos o coidado en movemento e os corpos danzan unha antiga reivindicación que demanda “Primeiro a Vida”, “Antes a Vida” ou “Elixir a Vida”, tres posibles traducións do verso de André Bretón transformado nun lema nos antigos muros durante o Maio Francés. Fronte á explotación, á precariedade e á morte que trouxo a pandemia, nós eliximos coidarnos e proclamamos: “Primeiro a Vida!”.
 
A entrada é gratuíta. Poderán recollerse as invitacións no propio auditorio a partir das 19:00 horas, ata completar a capacidade permitida da sala. A obra está recomendada para un público adulto. 
 
Ante a situación sanitaria, e seguindo as directrices das autoridades, será obrigatorio manter a distancia de seguridade e asistir con máscara, así como atender as indicacións e normas da organización.
 
back link