Dende Outubro 2010

Atrás Milan Kundera, 1929-2023

A arte de mesturar ficción e ideas, fondura e lixeireza

Milan Kundera, 1929-2023: a arte de mesturar ficción e ideas, fondura e lixeirezaFoi un dos últimos xigantes da literatura do século XX. Milan Kundera faleceu aos 94 anos. Entre os seus libros máis destacados están "La insoportable levedad del ser", título do que vendeu millóns de exemplares en todo o mundo a mediados dos 80 e "El arte de la novela". Sempre tivo unha complexa relación coa súa Chequia natal. De pasado estalinista, acabou sendo represaliado e o rexime comunista chegou a prohibir os seus libros. Abandonou o seu país e refuxiouse en París. Despois de ter recibido a cidadanía checa en 2019 e tras vivir 40 anos no exilio, o autor de "La insoportable levedad del ser" achegouse ás súas raíces coa doazón da súa biblioteca e arquivo á súa cidade natal, Brno.

"La fiesta de la insignificancia" foi unha lectura recomendada en Radioleiros.

A obra "La ignorancia" foi obxecto de análise nas tertulias literarias.

Títulos de Kundera dispoñibles en eBiblio

Visita a expo de Kundera que temos para ti no vestíbulo da Biblioteca Central Rialeda (Perillo).

back link