Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás Mañá inaugúrase o paseo marítimo Manuel Rial de Mera

Oleiros, 15 de xuño de 2012-. Mañá sábado día 16 celebrarase un acto de inauguración no que se nomeará oficialmente o paseo marítimo de Mera como paseo Manuel Rial, en honor ao que fora párroco das parroquias Maianca e Serantes durante décadas. O dito acto comezará ás 18.00 horas na baixada á praia. Manuel Rial levou a cabo un intenso labor social na zona norte. Rial mantivo e mantén unha estreita relación cos veciños e coas asociacións locais de ámbito cultural, social, educativo e deportivo.

O párroco atópanse actualmente xubilado, pero continúa colaborando en diversas actividades da localidade e vinculado co labor eclesiástico. A elección de Manuel Rial como nome do paseo marítimo da localidade de Mera foi suxerida por varios colectivos da localidade e conta co apoio das distintas asociacións das parroquias de Maianca e Serantes.
 

back link