O desfile de disfraces está previsto para as 19:00 horas. Unha vez finalice actuará a orquestra Os Satélites.
O concurso de disfraces estará dotado con 5.200 euros en premios e contará con dúas categorías, unha de grupos e outra de individuais-parellas. Para participar é posible apuntarse a través da Sede electrónica ou presencialmente na Fábrica, ata mañá venres ás 12:00 horas. Non se poderán realizar inscricións in situ na propia festa.