Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás Móvete+: recomezan as sesións de actividade física para mulleres con enfermidade oncolóxica

Móvete+ é una actividade física que busca mellorar a calidade de vida das mulleres que están a vivir algún proceso oncolóxico ou que xa o pasaron.
 

Calquera muller de Oleiros con enfermidade oncolóxica pode participar cada venres nunha sesión de actividade física que ten lugar na Casa da República, denominada Móvete+, para o que poden inscribirse nun formulario ao que se accede a través da xanela de Servizos Sociais da web municipal.

Existen dúas posibilidades de horario: ás 10:30 e ás 12:00, en sesións de hora e media. Non hai prazo para apuntarse, xa que as interesadas poden comezar en calquera momento. É preciso informe médico.

Para máis información, as interesadas poden contactar co departamento de servizos Sociais e Igualdade a través do teléfono de atención veciñal 981 610 000 ou dos correos igualdade@oleiros.org e igualdadeoleiros@gmail.com.

A intención do programa Móvete+ é reducir os efectos secundarios dos tratamentos recibidos e que poderían cronificarse: fatiga, sufocos, trastornos do sono, alteracións na concentración e a memoria etc. Ao tempo, tamén busca incrementar e mellorar a autoestima das participantes, o seu benestar emocional, a súa sexualidade e as súas relacións sociais, así como tecer unha rede de coidados sobre a que apoiarse e afrontar as dificultades do día a día.
 

back link