Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás Concerto de Mabel Flores, este sábado na Fábrica

 Oleiros, 20 de abril de 2021-. O Festival Elas son Artistas trae a Oleiros a actuación de Mabel Flores, este sábado no Auditorio da Fábrica ás 20:00 horas. As entradas poñeranse á venda a partir das 19:00 horas, a 3,50 euros. 

 
Desde Barcelona chega Mabel Flores para presentar o seu novo disco Meraki. Nesta ocasión acompañada por percusión e batería, trompeta e teclados. Na súa primeira visita a Galicia en 2019 presentara Entre mujeres e agora regresa con enerxías renovadas. A súa música pode definirse como pop de autora con fusión mediterránea.
 
Ante a situación sanitaria, e seguindo as directrices das autoridades, a capacidade da sala estará limitada. Será obrigatorio manter a distancia de seguridade e asistir con máscara, así como atender as indicacións e normas da organización.
back link