Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás Aberto o prazo de solicitude de praza nas escolas infantís de Oleiros

Oleiros, 2 de marzo de 2012-. O Concello de Oleiros informa que desde o día 1 ata o 31 de marzo está aberto o prazo para a presentación de solicitudes nas escolas infantís do municipio, tanto para a reserva de praza (para os nenos e nenas xa matriculados) como para as de novo ingreso. Son requisitos imprescindibles para realizar as solicitudes de novo ingreso que a crianza nacese no momento de presentar a solicitude e que non vaia ter cumpridos os tres anos de idade ao 31 de decembro de 2012.

Para calquera tipo de información, así como para o proceso de matriculación, as persoas interesadas deben acudir a unha das tres escolas infantís existentes no Concello de Oleiros: A Pardela, na urbanización Dos Regos, As Galeras, en Bastiagueiro, e  A Canteira, en Perillo. Na actualidade estas tres escolas ofertan un total de 270 prazas. Alí,  atenderán e facilitarán toda a información que precisen, así como os impresos e a documentación que necesiten.

Tamén nos enderezos electrónicos www.igualdadebenestar.org e www.escaolasinfantis.net. atoparán información ao respecto. A relación provisional de nenos e nenas admitidos e admitidas e a listaxe de agarda farase pública o 11 de maio. Posteriormente, abrirase un período de reclamacións entre o 12 e o 21 de maio, ambos os dous incluídos. A relación definitiva poderase consultar desde o día 11 e xuño e a matrícula efectuarase, nas propias escolas infantís, entre o 12 e o 30 de xuño, ambos incluídos.
 

back link