Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás A Xunta notifica a aprobación definitivamente do PXOM

 Oleiros, 16 de decembro de 2014-. A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia notificou ao Concello de Oleiros esta mañá a aprobación definitiva do Plan Xeral de Ordenación Municipal. Oleiros conta co seu PXOM aprobado definitivamente desde marzo de 2009, pero a dita aprobación realizouse de forma parcial xa que a zona de afectación da pegada sonora imposta por AENA e varios núcleos esparexidos por todo o municipio quedaron suspendidos nesta aprobación.

 
Tras diversos trámites, e un xuízo gañado en relación á mencionada pegada sonora, o Concello de Oleiros presentou un documento refundido onde se recollían a corrección de pequenos erros e a resolución  da situación da zona afectada pola pegada sonora e dos mencionados núcleos. Tras a notificación da Xunta desta mañá a totalidade do territorio de Oleiros atópase en ordenación. O comunicado chegou o último día de prazo legal que a Xunta tiña antes de que se levase a cabo a aprobación por silencio administrativo.
 
back link