Oleiros, 7 de abril de 2021-. Debido ás obras de renovación do pavimento da calzada das rúas da urbanización As Galeras, será preciso cortar o tráfico a partir de mañá xoves 8 de abril na rúa Carlos M. de Céspedes. Os veciños e veciñas terán como accesos alternativos á urbanización as rúas Abraham Lincoln e Cruce.
O Concello de Oleiros solicita a colaboración veciñal para poder executar estes traballos o máis rápido posible e ocasionar as mínimas molestias.