Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás A miña primeira viaxe chega mañá á Fábrica

Oleiros, 26 de outubro de 2018-. Mañá sábado 27 de outubro, ás 18:30 horas na Fábrica, máis de 25 familias poderán ver a obra de teatro A miña primeira viaxe, de Xarope Tulú. Para asistir ao espectáculo hai que inscribirse enviando un correo a lingua@oleiros.org e obter a confirmación, a entrada é gratuíta e recollerase desde as 18.00 horas.

Esta obra que conta a historia do comezo, do nacemento da vida. Un neno ou nena viaxa dentro da súa cápsula por un universo descoñecido. Non sabe cara a onde vai, nin quen é. Pero non ten medo, sente o TUM-TUM dos motores. Unha actriz conta e canta un relato de procura da propia identidade mentres un músico dialoga coa linguaxe onírica do propio relato.

Este espectáculo está orientado a nenos e nenas de 2 a 8 anos.

back link