Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás Últimas prazas para a viaxe cultural de Semana Santa do Concello de Oleiros

Oleiros, 4 de marzo de 2013-. O Concello de Oleiros informa de que se están a esgotar as últimas prazas para a viaxe cultural de Semana Santa. Todas aquelas persoas interesadas maiores de 18 anos poderán informarse e inscribirse no tel. 981 610 000, no Departamento de Cultura do Concello de Oleiros situado no Complexo Cultural A Fábrica de Perillo ou no enderezo electrónico: cultura@oleiros.org.


As persoas participantes aloxaranse en Santander nun hotel de 4 estrelas en habitacións dobres. O prezo inclúe transporte en autocar, visitas guiadas en Santander e nos Picos de Europa (visitando Potes, Liébana e Fuente Dé), os almorzos dos días 29, 30 e 31, o xantar dos días 28 e 31 de marzo, entradas ao Museo de Altamira, funicular de Fuente Dé e Mosteiro de Santo Toribio de Liébana, degustación nunha queixería e seguro de viaxe. Esta rexión do norte peninsular é un lugar onde se mesturan o mar e a montaña e onde atopamos lugares como Altamira, onde os nosos antepasados descubriron a expresión artística hai máis de 30.000 anos convertendo esta rexión nun destino con innumerables alternativas para gozar dos seus recursos naturais e culturais. Santander, Altamira, Potes, Fuente Dé e o Mosteiro de Santo Toribio de Liébana, serán algúns dos lugares que as persoas participantes poderán visitar ao longo da ponte.
 

back link