Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás Andares por Galicia: Ruta de pena Guímara na Fonsagrada o 26 de setembro

Imagen Andares por Galicia: Ruta de pena Guímara na Fonsagrada o 26 de setembro

O vindeiro sábado 26 de setembro terá lugar unha nova ruta do programa Andares por Galicia, a Cultura da Natureza: Ruta de pena Guímara na Fonsagrada.

O vindeiro sábado 26 de setembro terá lugar unha nova edición do programa Andares por Galicia, a Cultura da Natureza, organizado polo Concello de Oleiros. 

Ruta discorre por camiños e antigas corredoiras, algunhas á beira do río, que retornan ao pasado amosando mostras etnográficas e culturais abondosas: muíños, corripas, carboeiras, algunha serraría... e paisaxes de montaña ben bonitas conformadas por bosque autóctono e coloristas uceiras. Iníciase na aldea de Vilardíaz, punto máis elevado do percorrido e desde aquí a ruta descende cara ao val do río Logares envolto na espesura do bosque caducifolio , pasando pola aldea de San Martiño de Robledo,  aldea abandonada de Romeán,  senda a carón do río para gozar finalmente da montaña e das boas panorámicas do val do río Veiga de Logares e os bosques de Carballido. A ruta finaliza cunha visita cultural ao Museo da Fonsagrada.

Esta saída contará con 3 guías especializados/as e ofértanse 40 prazas dirixidas a persoas maiores de idade, cun prezo de 23 euros, e preferencia para persoas empadroadas no Concello de Oleiros.

As preinscricións realizaranse preferentemente na Sede electrónica/catálogo de trámites/cultura a partir do a partir do luns 14 de setembro ás 10.00 horas.No caso de que algunha persoa non lle sexa posible realizala así, poderá facelo na Fábrica en horario de mañá de 10.00 a 14.00 horas.

INSCRICIÓN 

No caso de ter máis solicitudes que prazas a adxudicación de prazas realizarase por sorteo entre todas as solicitudes de persoas empadroadas rexistradas entre o luns 14 de setembro ás 10.00 horas e o mércores 16 ás 14.00 horas. 

Para obter máis información sobre esta ruta e o conxunto do programa é posible dirixirse ao Departamento de Cultura do Concello de Oleiros, situado no centro cultural A Fábrica, ben fisicamente ou a través do teléfono 981 636 598 ou do correo electrónico r.caparros@oleiros.org.