Próximo pleno

Dia
Xoves 26 de febreiro
Hora
20:00h
Lugar
Casa Charry

ORDE DO DÍA:

1º.- Aprobación, se procede, da acta da sesión plenaria de 29 de xaneiro de 2026.
2º.- Aprobación definitiva, se procede, do cambio de sistema de actuación do SUD-21 “Finca Alsina”, de compensación a sistema de concerto.
3º.- Aprobación, se procede, da corrección do Inventario de Camiños Públicos de titularidade municipal por erro material/de feito (rectificación parcial do camiño núm. 90373, Dorneda - Maianca).
4º.- Adopción do acordo de aprobación do PLAN DE MEDIDAS ANTIFRAUDE (PMA) de Fondos Europeos destinado especificamente a garantir medidas antifraude na xestión de fondos FEDER 2021/2027, coas especificacións que se derivan da normativa europea sobre eles, como complemento ó Plan de Medidas Antifraude aprobado neste concello.
5º.- Moción do grupo municipal BNG para conseguir avanzar en igualdade real e efectiva fronte ó rearmamento do machismo.
6º.- Dar conta da información remitida ao Ministerio de Facenda relativa á execución do orzamento e cumprimento dos obxectivos de estabilidade orzamentaria regulados na Lei Orgánica 2/2012, de estabilidade orzamentaria e sustentabilidade financeira, correspondentes ao 4º trimestre de 2025.
7º.- Dar conta da información sobre o cumprimento dos prazos de pago das obrigas do Concello de Oleiros previstos na Lei 15/2010, de 5 de xullo, de medidas de loita contra a morosidade, correspondente ao 4º trimestre de 2025.
8º.- Dar conta dos decretos da alcaldía e dos e das concelleiras delegadas, desde o nº 2026000361 ata o nº 2026000920.
9º.- Mocións, rogos e preguntas.