Locais de ensaio da Fábrica- Actualmente fuera de funcionamento por la situación sanitaria.
O Centro de Información Xuvenil de Oleiros pon en marcha no Centro Cultural A Fábrica, un local de ensaio destinado a todos os mozos e mozas que formen parte dun grupo musical o sexan solistas.
· Fomentar a práctica musical dos mozos e mozas de Oleiros dotándoos dos recursos profesionais e técnicos básicos necesarios.
· Contribuír a unha maior formación musical e técnica dos grupos que fan uso deste equipamento, mediante o deseño de accións formativas relacionadas con este eido.
· Crear un espazo de encontro da mocidade para o intercambio de experiencias musicais.
· Organizar eventos que sirvan para fortalecer entre a mocidade a conciencia de seu, e difundir entre a cidadanía os aspectos positivos da cultura musical da xente nova.
· Promover un ocio xuvenil máis creativo e menos consumista, ampliando a oferta de actividades e facilitando o seu acceso á mocidade.