Actividades culturais

Atrás ANDARES POR GALICIA: A CULTURA DA NATUREZA

O vindeiro sábado 26 de setembro terá lugar unha nova edición do programa Andares por Galicia, a Cultura da Natureza, organizado polo Concello de Oleiros.

Este Programa céntrase en descubrir as características máis importantes a nivel natural, social e cultural da nosa terra e xerar conciencia de coidado e protección do patrimonio natural e cultural. Así mesmo trata de promover a convivencia e a socialización do grupo de participantes nun ambiente aberto e favorecer hábitos saudables de ocio no medio natural.

Esta saída contará con 3 guías especializados/as e ofértanse 40 prazas dirixidas a persoas maiores de idade, cun prezo de 23 euros, e preferencia para persoas empadroadas no Concello de Oleiros.

  • As preinscricións realizaranse preferentemente na Sede electrónica/catálogo de trámites/cultura a partir do luns 14 de setembro ás 10.00 horas.
  • No caso de que algunha persoa non lle sexa posible realizala así, poderá facelo na Fábrica en horario de mañá de 10.00 a 14.00 horas
  • No caso de ter máis solicitudes que prazas a adxudicación de prazas realizarase por sorteo entre todas as solicitudes de persoas empadroadas rexistradas entre o luns 14 de setembro ás 10.00 horas e o mércores 16 ás 14.00 horas, na sede electrónica, no catálogo de trámites, ámbito de cultura.

RUTA

 

RUTA DE PENA GUÍMARA NA FONSAGRADA

Distancia ao punto de inicio desde Oleiros: 150 km

Punto inicio e fin: Vilardíaz (A Fonsagrada)

Lonxitude: 11,5 km

Dificultade: media-alta

Data: 26 de setembro de 2026

IDEA DA RUTA:

Ruta que discorre por camiños e antigas corredoiras, algunhas á beira do río, que retornan ao pasado amosando mostras etnográficas e culturais abondosas: muíños, corripas, carboeiras, algunha serraría... e paisaxes de montaña ben bonitas conformadas por bosque autóctono e coloristas uceiras.

Iniciase na aldea de Vilardíaz, punto máis elevado do percorrido e desde aquí a ruta descende cara ao val do río Logares envolto na espesura do bosque caducifolio. De camiño a aldea de San Martiño de Robledo,  que ten unha fermosa igrexa atopamos algúns teixos magníficos. A ruta achégase tamén á aldea abandonada de Romeán, próxima a un castro e con algún hórreo tradicional. A senda continúa paralela ao río percorrendo os meandros onde se forman bonitos saltos de auga. O camiño vaise afastando do río zigzagueando pola montaña e nos ofrece boas panorámicas do val do río Veiga de Logares e os bosques de Carballido.

PUNTOS DE INTERESE

    • Reserva de Biosfera Río Eo, Oscos e Terras de Burón
    • Aldea de Vilardíaz
    • Aldea de San Martiño de Robledo. Igrexa e casa reitoral
    • Aldea abandonada e castro de Romeán
    • Fraga de Carballido
    • Soutos e teixos centenarios
    • Foces A Pinguela, fervenzas
    • Covas de Vilardíaz, calcaria
    • Río Veiga de Logares
    • Mostras de arquitectura tradicional: ouriceiras, hórreos, muíños...

VISITA CULTURAL:

  • Museo da Fonsagrada

DE PENA GUÍMARA NA FONSAGRADA

RUTDE PENA GUÍMARA NA FONSAGRADA

Fecha del evento

Sábado, 26 de setembro de 2026  

Plazo de inscripción

Do luns 14 de setembro ás 10.00 horas ao mércores 16 ás 14.00 horas

INSCRICIÓN