O programa Ocioleiros abrangue un conxunto de actividades organizadas polos servizos de Cultura, Normalización Lingüística, Deportes e Xuventude para o tempo de lecer, destinadas a público adulto.

A finalidade deste programa é fundamentalmente lúdica, polo que todos os esforzos das persoas participantes deberán dirixirse á diversión e ao entretemento.

As preinscricións realizaranse preferentemente na Sede Electrónica (https://sede.oleiros.org/) do 1 ao 9 de decembro. No caso de que a algunha persoa non lle sexa posible realizala así, poderá facelo na conserxería da Fábrica en horario de mañá (de 8.30 a 14.30 horas).

¿

 

Infórmase que as prazas dispoñibles para o prazo libre son as que se relacionan na táboa inferior.

A preinscrición nestas prazas dará comezo o vindeiro venres 23, a partir das 8:30 horas, a través da SEDE ELECTRÓNICA do Concello.

As prazas outorgaranse por rigorosa orde de preinscrición na actividade correspondente.

As persoas que resulten admitidas serán comunicadas mediante o correo electrónico facilitado no momento de realizar a preinscrición.

 

Actividade

Prazas

CALISTENIA GRUPO 1 - SÁBADOS 12:00 a 13:00 H.

0

DEFENSA PERSOAL INICIACIÓN - VENRES 18:30 a 20:00 H.

0

HORTA ECOLÓXICA - SÁBADOS DE 11:00 a 13:00 H.

0

MARCHA NÓRDICA GRUPO 1 - SÁBADOS 11:00 a 12:30 H.

0

ESCALADA DEPORTIVA INICIACIÓN - MARTES 21:00 a 23:00 H.

0

OBRADOIRO DE ESCRITA CREATIVA - XOVES 18:00 a 20:00 H.

0

OBRADOIRO CATA VIÑOS 2º GRUPO - LUNS E XOVES 20:15 a 22:15 H.

0

SURF - SÁBADOS 16:00 a 18:00 H.

0

PATINAXE INICIACIÓN - VENRES 21:00 a 22:30 H.

0

MARCHA NÓRDICA GRUPO 2 - SÁBADOS 12:30 a 14:00 H.

0

DEFENSA PERSOAL PERFECCIONAMENTO - VENRES 20:00 a 21:30 H.

13

 

========================================================================================

Relación de Admitidos Ocioleiros 2026 (tras o sorteo): Preme aquí.

Relación de preinscricións que van a sorteo Ocioleiros 2026: Preme aquí.

 

Bases programa Ocioleiros 2026: Prema aquí

Tarxetón Ocioleiros 2026: Prema aquí

Táboa de actividades e horarios: Prema aquí

Acceso á páxina de preinscición:  (prazo finalizado)