Campanadal 2025

Este decembro regresamos para organizar o Campanadal 25 nas instalacións do Albergue Municipal na Finca Tenreiro de Nós (https://maps.app.goo.gl/tft2qkWoGp2FFGKH7)

Preparamos actividades para 60 nenos e nenas nacidas entre xaneiro do 2014 e decembro do 2022 en horario de 9 a 14 horas e en dúas quendas :

A primeira para 30 participantes os días 22, 23 e 24 de decembro, e outros 30 participantes para os días 29, 30 e 31 de decembro.

Que faremos?

  • Xogos de inverno
  • Visitas de personaxes do nadal
  • Obradoiros creativos de natureza
  • Cantigas e bailes
  • Excursións e rutas ambientais
  • Sementeiras de árbores autóctonas
  • E moita, moita diversión!!

 

¿A quién va dirigido?

60 nenos e nenas nacidas entre xaneiro do 2014 e decembro do 2022

Fecha del evento

A primeira quenda para 30 participantes os días 22, 23 e 24 de decembro, e outros 30 participantes para os días 29, 30 e 31 de decembro

Horario

Horario de 9 a 14 horas

Lugar de Celebración

Instalacións do Albergue Municipal na Finca Tenreiro de Nós (https://maps.app.goo.gl/tft2qkWoGp2FFGKH7)

Plazo de inscripción

PREINSCRICIÓN: desde o 24 de novembro ao 2 de decembro.

Precio

O prezo normal por quenda é de 19€

Bonificacións previa xustificación:

  • 95% bonificación por circunstancias sociais ou económicas
  • 10% bonificación por familia numerosa especial
  • 5% bonificación por familia numerosa xeral
Formulario de inscrición