Galiciale é a plataforma de préstamo de obras en formato electrónico das bibliotecas públicas galegas

Se xa es socia/o dunha das Bibliotecas Municipais do Concello de Oleiros, soamente precisas introducir o usuario e contrasinal que che facilitaron na túa biblioteca.

Galiciale consta de dous catálogos:
- Catálogo galego da Rede de Bibliotecas de Galicia.
- Catálogo castelán do Ministerio de Cultura.

Para ler en dispositivos móbiles, recoméndase descargar a aplicación eBiblio.

Para ler en lectores electrónicos ou e-readers, compre comprobar a compatibilidade do teu modelo (ver listaxe) e descargar en PC ou portátil o programa Adobe Digital Editions, dispoñer dunha conta Adobe ID e seguir este procedemento.

Máis información.