A Ramboia
Sábado, 14 de marzo de 2026 ás 20:30 horas
Lugar: Auditorio Gabriel García Márquez, de Mera
Apoiado por unha tremoia escénica viva, un actor prepárase para interpretar o papel de Romeo. Repasa pasaxes da obra shakespeariana, asiste a un cásting e a continuación destrúe a golpes o balcón de Xulieta.
Xunto a un TRAMOLLISTA, o INTÉRPRETE redefine o seu concepto de amor caduco e infeccioso que o incapacita para a vida e o teatro. Repasa a concatenación de primeiras veces que experimenta Romeo; casar, perder a virxindade, matar a alguén, ser desterrado e quitarse a vida, na procura de respostas a unha problemática propia que resoa na súa cabeza: non tes perfil de Romeo, xamais serás protagonista, o amor é secundario, o romanticismo está morto, a túa carreira tamén...
Unha ironía metateatral de contrastes e tensión rítmica entre ondas coreográficas.
Que difícil é querer, que difícil é quererse.
- Autoría: María Peinado
- Dirección: María Peinado
- Elenco artístico: Fran Lareu e Anxo García
- Duración: 75 min
- Clasificación: contemporáneo
- Público adulto (maiores de 14 anos)
Prezo: 4,00 €