Onde se cuida ao máximo a paisaxe urbana, o medio natural e as infraestruturas. É o auténtico motor do desenvolvemento municipal. Grazas á intelixente xestión do territorio fomos convertendo a Oleiros nun dos municipios mellor equipados para vivir. O resultado: zonas verdes, instalacións deportivas e culturais, espazos para todas e todos que parten principalmente dos beneficios sociais da xestión territorial.
Urbanismo
Asset Publisher
Colocada a cúpula do multiusos tras unha espectacular operación cunha grúa especial
O proceso continúa anclando a estrutura de 41,5 metros de diámetro á xa construída, que conforma, a base de grandes planos de formigón, o sistema de paredes e vidros que lle aportan ao edificio a...
Unha espectacular operación cunha grúa especial permitirá colocar a cúpula do multiusos
A cúpula que cubrirá o edificio foi ensamblada no interior do propio recinto con cimbras de aceiro. Ocupa unha superficie de 1.450 metros cadrados e mide 135 metros de perímetro e 41,5 metros de...
A Xunta impide o rego do campo de golf con augas residuais depuradas
Precisamente o Concello establecera esa condición por cuestións medioambientais, para evitar que o consumo de auga potable se vise afectado polo rego desta instalación. Neste momento estanse a...
Inminente inicio da construción das 146 vivendas protexidas en Perillo, Xaz e Mera
O Concello promoveu a constitución de 3 cooperativas de vivendas en Perillo, Xaz e Mera, mediante a venda de solo de propiedade municipal a prezos inferiores ao mercado. No caso de Xaz e Perillo...
O Concello urxe ao Ministerio a acelerar a tramitación da obra da pasarela do Castelo
En cumprimento do compromiso acadado co Goberno municipal, o Goberno central procedeu á contratación da redacción do proxecto de construción dunha nova pasarela de acceso ao Castelo de Santa Cruz....
Outro premio para Oleiros: o parque Rosalía Mera mellor xardín galego 2025
O Parque Rosalía Mera situado entre as rúas do Mar e da Poza, en Dorneda, é un espazo natural, un pulmón verde cheo de vida que combina sostibilidade, comunidade, biodiversidade, aprendizaxe, ocio,...
A Xunta anuncia un insignificante investimento para a vía Ártabra no 2026
Ante a falta da posta en marcha por parte da Xunta dun servizo de transporte público acorde ás necesidades de desprazamentos, a posta en funcionamento da vía Ártabra ao 100% resulta imprescindible...
O paseo fluvial de Iñás e Nós, premiado por ser un exemplo a imitar para a mobilidade natural
O xurado, composto por persoas independentes, valorou “o esforzo de dotar o municipio dunha rede paralela para a mobilidade ciclo peonil mesmo no caso de estradas de ámbito estatal como a NVI, que...
Contratada a obra para conectar os paseos da ría de Oleiros e Cambre
O outro tramo de paseo pendente na ría, entre Beiramar e O Paraíso, tamén será adxudicado antes de final de ano. Neste punto son 200 metros, cos que se posibilitará circunvalar toda a ría a pé ou...
A xustiza absolve ao alcalde e ao funcionario municipal pola demolición das ruínas de Casa Carnicero
A Audiencia considera probado que o incendio de xullo 2020 sobre Casa Carnicero provocou graves danos, quedando en situación de ruína técnica e económica, sendo a demolición a solución factible. A...
Próximo inicio da construción dos pisos das cooperativas promovidas polo Concello
No mes de novembro está previsto o inicio das obras de Xaz, onde se construirán 94 vivendas. No primeiro trimestre do 2026 comezará a construción do edificio de Mera, onde se crearán 28 pisos...
O Concello continúa a abrir expedientes sancionadores contra vivendas turísticas
O alcalde citou como exemplo unha vivenda unifamiliar situada xunto á Capela de Santa Ana, en Mera, que os seus propietarios converteron en varios apartamentos, constituíndo de feito unha hospedaxe...
O Concello logra que o Ministerio unifique en 12 metros as aliñacións ao longo de toda a N-VI
Tralas xestións realizadas polo alcalde e diversas reunións entre o persoal técnico do Concello e da Demarcación de Estradas, o Ministerio realizará en 6 meses un estudo pormenorizado para...
Vivendas protexidas en cooperativa dispoñibles en Mera
Completouse o proceso de solicitudes para as vivendas protexidas en cooperativa impulsadas polo Concello de Oleiros en Perillo e Xaz, cun total de 21 e 94 solicitudes respectivamente. Unha vez...