A pé de rúa

Presentación

A estructura orgánica da policia local do concello de Oleiros é a que se describe a continuación.

A Policía Local conta con 36 efectivos que se dividen organicamente do seguinte xeito:

  • 1 inspector xefe
  • 4 oficiais
  • 31 policías

Conta con dous auxiliares administrativos que se encargan das tarefas administrativas do propio departamento.

Os 31 policías divídense en grupos para poder cubrir quendas de traballo de mañá, tarde e noite, de xeito que a Policía Local de Oleiros ofrece servizo á cidadanía durante as 24 horas ininterrompidas todos os días do ano.

Na época do verán refórzase o servizo coa contratación de catro auxiliares de Policía que prestan apoio principalmente na vixiancia e regulación do tráfico nas zoas de praia e ocio

Para o control e a supervisión urbanística e medio ambiental, ademais de velar polo cumprimento de determinadas ordenanzas municipais, destínanse dous policías.

O resto dos axentes locais teñen como funcións principais o traballo a pé de rúa: a protección da seguridade cidadá, procurando manter a presenza policial nas áreas urbanas, a participación xudicial e a prevención de delitos.

Durante os días da semana o servizo está cuberto por unha media de cinco policías e un oficial nas quendas de mañá e tarde e por tres policías na quenda da noite.

Durante as fins de semana, de venres a domingo, incluídos festivos e vésperas, dóbranse o número de efectivos na quenda da noite pasando a prestar servizo 5 policías máis un oficial.

Tamén se habilita un operativo especial e permanente para a ordenación e regulación do tráfico, realizando propostas de sinalización, localización e denuncias de tráfico, atención dos accidentes de tráfico nas vías de titularidade municipal e dispositivos de control de documentación, entre outros.

Hai que destacar que na actualidade existe un grupo de policías que se encargan de desenvolver clases de seguridade viaria nos colexios de Oleiros.

Por outra banda, cada un dos oficiais existentes ten asinada unha serie de áreas nas que exercen as súas competencias para, deste xeito, procurar mellorar o rendemento da función policial. Os grupos de funcións establecidas son as que seguen:

  1. Seguridade e educación viaria, sinalización viaria, proxectos de sinalización, accidentes de circulación e todos os asuntos relacionados co tráfico no Concello.
  2. Seguridade cidadá, asuntos penais, expedientes por infraccións administrativas á Lei de protección da seguridade cidadá e control de armas.
  3. Ordenanzas, urbanismo, medio ambiente, obxetos perdidos, calendarios de prácticas de tiro e munición.
  4. Vehículos, comunicacións, uniformidade e dotación diversa.

Toda-las chamadas telefónicas que os cidadans fagan ao número de teléfono da Policía Local serán gravadas e os seus datos incorporados ao ficheiro denominado "Gravación de chamadas da Policía Local", coa finalidade de mellorar o servizo que presta este corpo, outorgando un medio de proba ou instrumentos de cara á tarefa policial tanto aos usuarios coma ao prestador do servizo (Resolución da Alcaldía nº 1745/2011 de 2 de Maio, BOP de 12/05/2011)

As dependencias da Policía Local do Concello de Oleiros atópanse no baixo do n.º 10 da avda. Francisca Herrera, na parroquia de Oleiros. Os números de contacto a disposición permanente dos veciños son: 981 610 001 e 981 648 103.