Carné xove
É unha tarxeta persoal e intransferible á disposición da mocidade galega. Ten distintas utilidades, descontos e vantaxes. Pódese utilizar tanto en Galicia, en España e tamén nos 40 países europeos adheridos ao programa do Carné Xove.
O novo Carné Xove enviarase de xeito gratuíto a toda a mocidade galega comprendida entre os 12 e 30 anos. Poderá ser utilizado ata que cumpras os 30 anos. Unha das novidades é que pasa a ser totalmente gratuíto e non será necesaria a súa renovación.
INSTRUCIÓNS PARA ACTIVAR O TEU CARNÉ XOVE PREMENDO AQUÍ
Onde utilizalo? Finalidade, vantaxes e descontos.
O obxectivo é facilitarlle á mocidade o acceso a diferentes bens e servizos a través de descontos e vantaxes en diferentes ámbitos: cultural, aloxamento, transportes, comercial, ensino,… Aquí tedes a información máis detallada.
Seguro de balde
O carné xove tamén inclúe un seguro que cobre unha serie de continxencias posibles nos desprazamentos para que así poidades facer fronte aos imprevistos que poidan xurdir nas viaxes. Dende: asistencia por accidente ou enfermidades durante a viaxe, asistencia por danos á equipaxe, asistencia por retraso dos medios de transporte, asistencia por responsabilidade civil…
Neste enlace tedes máis información sobre este apartado.