Actividades sociais

ENCONTRO FAMILIAS INQUEDAS O sábado 24 de maio nas Torres de Santa Cruz terá lugar o Encontro de Familias Inquedas.
  • Fecha 24 de maio de 2025
  • Horario 12:00 a 18:00 h (horarios aproximados) A recepción das persoas participantes será dende as 11.15 h  
  • Address As Torres de Santa Cruz
ACOMPAÑAMENTO EMOCIONAL A FAMILIAS CUN DIAGNÓSTICO TEA Grupo de apoio na crianza ás familias con nenos e nenas cun diagnóstico dentro do espectro autista.
  • Fecha Primeira sesión o luns 26 de maio de 2025. Posteriormente haberá unha sesión mensual de xuño a decembro excepto nos meses de xullo e agosto.
  • Horario 18:00 a 20:00 h
  • Address Villa Echeverry - Perillo Avda. Che Guevara 45
Actividades Veran 2025
  • Fecha Distintas datas, dependendo da actividade a realizar. Consultar folleto de actividades de verán 2025 aqui: Folleto activiades verán 2025.
  • Horario Distintas horarios, dependendo da actividade a realizar. Consultar folleto de actividades de verán 2025 aqui: Folleto activiades verán 2025.
  • Address Distintas sedes, dependendo da actividade a realizar. Consultar folleto de actividades de verán 2025 aqui: Folleto activiades verán 2025.
OBRADOIRO "A Comunicación Non Violenta nas Relacións Familiares" O obxectivo do obradoiro é profundizar nos principios da Comunicación Non Violenta para utilizar no noso día a día na convivencia e acadar unha comunicación mais consciente e auténtica que nos axude a conectar coas persoas do noso entorno.
  • Fecha 6 e 7 de maio de 2025 (martes e mércores)
  • Horario 18:00 - 21:00 h (os dous días)
  • Address Casa da Cultura de Perillo (3º andar)
Ocioleiros 2025 O programa Ocioleiros abrangue un conxunto de actividades organizadas polos servizos de Cultura, Normalización Lingüística, Deportes e Xuventude para o tempo de lecer, destinadas a público adulto. A finalidade deste programa é fundamentalmente lúdica, polo que todos os esforzos das persoas participantes deberán dirixirse á diversión e ao entretemento.   Dirixido a maiores de 18 anos, empadroados no Concello de Oleiros - Preinscricións: do 09/12/2024 ao 19/12/2024
  • Horario  
Inscríbete a MÓVETE+: Obradoiro de actividade física dirixido a mulleres con enfermidade oncolóxica O 15 de setembro reiniciouse Móvete+, una actividade física enmarcada no marco de actuación do II Plan de Igualdade que busca contribuír a mellorar a calidade de vida das mulleres que están nalgún proceso oncolóxico ou que xa o pasaron. As actividades realízanse todos os venres desde o 20 de setembro ao mes de decembro. As interesadas en participar, poden inscribirse a través do formulario de inscrición recollido dentro desta publicación. Podes solicitar información no teléfono de atención veciñal, 981 60 00 00 ou a través do correo electrónico igualdade@oleiros.org
  • Fecha Todos os venres desde o 20 de setembro ata o mes decembro
  • Horario Grupo 1: 10:30 a 12:00h Grupo 2: 12:00 a 13:30h
  • Address Na Casa Da República, Oleiros