Fabrimusic
Local de ensaio da Fábrica- Actualmente fora de funcionamento pola situación sanitaria.
O Centro de Información Xuvenil de Oleiros pon en marcha no Centro Cultural A Fábrica, un local de ensaio destinado a todos os mozos e mozas que formen parte dun grupo musical o sexan solistas.
Os obxectivos deste equipamento municipal son:
- Fomentar a práctica musical dos mozos e mozas de Oleiros dotándoos dos recursos profesionais e técnicos básicos necesarios.
- Contribuír a unha maior formación musical e técnica dos grupos que fan uso deste equipamento, mediante o deseño de accións formativas relacionadas con este eido.
- Crear un espazo de encontro da mocidade para o intercambio de experiencias musicais.
- Organizar eventos que sirvan para fortalecer entre a mocidade a conciencia de seu, e difundir entre a cidadanía os aspectos positivos da cultura musical da xente nova.
- Promover un ocio xuvenil máis creativo e menos consumista, ampliando a oferta de actividades e facilitando o seu acceso á mocidade.
O local de ensaio está equipado co seguinte material musical:
- Unha bateria.
- Dous amplificadores de guitarra.
- Un amplicador de baixo.
- Dous micrófonos.
- Unha mesa de mezclas.
- Dúas caixas de son.