Este programa céntrase en descubrir as características máis importantes a nivel natural, social e cultural da nosa terra e xerar conciencia de coidado e protección do patrimonio natural e cultural. Así mesmo trata de promover a convivencia e a socialización do grupo de participantes nun ambiente aberto e favorecer hábitos saudables de ocio no medio natural. O programa combina actividades de sendeirismo en espazos naturais, -tanto de costa coma de interior-, con visitas a museos ou outros lugares de interese cultural, histórico ou patrimonial.

RUTAS PREVISTAS

28 de febreiro de 2026.  RUTA POLA TERRA CHA

28 de marzo de 2026.  RUTA POLA SERRA DO FORGOSELO 

25 de abril de 2026. RUTA DA SERRA DO CANDÁN

23 de maio de 2026.  RUTA POLO PARQUE NATURAL DA SERRA DA ENCIÑA

20 de xuño de 2026. RUTA POLO PARQUE NATURAL DE CORRUBEDO

26 de setembro de 2026. RUTA DE PENA GUÍMARA NA FONSAGRADA

24 de outubro de 2026. RUTA POLO SOLPOR DA COSTA DA MORTE

 

RUTAS FAMILIARES

9 de maio de 2026. RUTA FAMILIAR TERRA CHÁ

17 de outubro de 2026. RUTA FAMILIAR CASTELO DE SAN PAIO DE NARLA

 

ANDARES POR GALICIA: NORMAS E RECOMENDACIÓNS

  • Este programa oriéntase ao descubrimento das características máis importantes a nivel natural, social e cultural das zonas que se visiten e no estímulo da conciencia de coidado e protección do patrimonio natural e cultural.
  • Trátase de promover a convivencia e a socialización do grupo de participantes nun ambiente aberto e favorecer hábitos saudables de ocio no medio natural.
  • Recoméndase roupa axeitada e cómoda e calzado específico para a actividade de sendeirismo, auga, gorro ou gorra, crema solar, bastón/s (opcional), e froita ou froito secos para levar na mochila durante a ruta.
  • O xantar e as bebidas das persoas participantes correrán pola conta de cada quen.
  • É recomendable que as persoas participantes informen sobre o estado físico, enfermidades cardiovasculares ou calquera outra contraindicación ou información relevante antes de iniciar calquera ruta (antecedentes, tratamentos médicos, etc.)
  • Así mesmo, é recomendable manter esta información médica actualizada se existira algunha variación entre a inscrición e o desenvolvemento das diferentes rutas.
  • A organización poderá impedir a práctica da actividade a aquelas persoas ás que considere poda resultarlles contraindicada, perigosa ou lesiva.
  • Os autobuses sairán con puntualidade nos horarios previstos. As persoas que non se presenten nos horarios acordados non terán dereito á devolución do prezo publico.
  • Durante a actividade respectaranse en todo momento as indicacións do monitorado en materia de seguridade, itinerarios a seguir ou recomendacións para o respecto e a protección do medio ambiente e o patrimonio cultural.
  • Evitarase coller plantas, que nalgúns casos son especies protexidas, autóctonas ou propiedade privada. Tampouco se deixará lixo de ningún tipo, nin restos orgánicos. Será responsabilidade de cada quen levalos de volta ou depositalos nunha papeleira.
  • As actividades ofertadas están suxeitas ás condicións do medio no que se desenvolvan e das persoas participantes, polo que poderán sufrir cambios a criterio do monitorado antes, ou incluso durante a actividade, por factores meteorolóxicos, físicos ou de seguridade ou ante circunstancias sobrevidas alleas á organización.
  • A organización gárdase o dereito de non admitir en rutas sucesivas a aquelas persoas que non acepten ou respecten esta normativa, provocando calquera altercado que poda incidir negativamente no desenvolvemento da actividade ou no resto de participantes.