INTRODUCCIÓN

Se por algo se distingue o Concello de Oleiros é pola cantidade de servizos e infraestruturas públicas a disposición dos veciños e veciñas, entre os que destacan os 972.000 metros cadrados de zonas verdes. Nun mundo cada vez menos preocupado polo medio ambiente, podemos sentir un grande orgullo de ter unha identidade tan singular. 
Todas as localidades de Oleiros contan cun importante patrimonio ambiental que enriquece o noso pobo e fai do municipio un entorno ideal para a convivencia. Nesta época de ruído, contaminación, tráfico, grandes cidades e deshumanización, a existencia de espazos verdes agradables e coidados supón un oasis entre o caos. É unha maneira de reconectarnos a unha natureza da que día a día pretenden afastarnos máis.
O patrimonio público de Oleiros acadouse grazas a unha xestión urbanística honesta e ao traballo de moitas persoas durante anos. Logramos numerosos servizos, equipamentos e espazos públicos a través de convenios, cesións obrigadas polo planeamento, compensacións, permutas e, en definitiva, a colaboración necesaria e solidaria entre a cidadanía e o Concello. Só en casos moi concretos, para protexer o territorio público de posibles especulacións e para conservar a nosa riqueza medio ambiental, procedeuse á aplicación do mecanismo constitucional da expropiación. 
Pero unha situación urbanística como a de Oleiros non é froito do azar. O pormenorizado estudo dos casos, a aprobación dos tres plans xerais urbanísticos -1985, 1995 e 2009- e o desenvolvemento de diversos plans parciais, foron elementos clave para a preservación e o desenvolvemento sostible do noso territorio. 
Hoxe as veciñas e veciños de Oleiros gozamos duns servizos e dunhas infraestruturas que nos sitúan á vangarda de España. Paseos marítimos, parques e xardíns, praias e centos de prazas públicas que dan nome a grandes protagonistas da historia da humanidade, así como outros pequenos espazos verdes espallados por todo o territorio municipal e que non aparecen nesta web, fan de Oleiros un paraíso no cal paga a pena perderse.
 

Bosque de Xaz
DORNEDA
Parque a Lagoa
Paseo da Lagoa MAIANCA
Parque José Martí
Avda. de Santa Cristina PERILLO
Parque Luis Seoane
Avda. Concepción Arenal Santa cruz LIÁNS
Parque Nirvana
Avda. Ernesto Che Guevara PERILLO
Parque Romántico
Montrove LIÁNS
Bosque de Xaz

Back

Bosque de Xaz

DORNEDA
View More

Monumento Natural Costa de Serantes-Dexo

Back

Monumento Natural Costa de Serantes-Dexo

LIÁNS
View More

O Bosque dos Veciños

Back

O Bosque dos Veciños

LIÁNS
View More

Parque a Lagoa

Back

Parque a Lagoa

Paseo da Lagoa MAIANCA
View More

Parque José Martí

Back

Parque José Martí

Avda. de Santa Cristina PERILLO
View More

Parque Luis Seoane

Back

Parque Luis Seoane

Avda. Concepción Arenal Santa cruz LIÁNS
View More

Parque Nirvana

Back

Parque Nirvana

Avda. Ernesto Che Guevara PERILLO
View More

Parque Romántico

Back

Parque Romántico

Montrove LIÁNS
View More

Parque Trece Rosas

Back

Parque Trece Rosas

LIÁNS
View More