A Policía Local e a Garda Civil xa teñen aberta unha investigación. En calquera caso, a colaboración cidadá resulta imprescindible para detectar aos delincuentes que están a atentar contra o patrimonio público.
Repoñer o cableado sustraído ten un custo importante para as arcas públicas, impedindo o uso deses recursos económicos noutras actuacións previstas. Aínda que o Concello está procedendo a actuar de inmediato, poden producirse problemas na iluminación das rúas debido a estes roubos.