As Bibliotecas Públicas Municipais do Concello de Oleiros poñen a disposición de usuarias e usuarios a información relativa ao Fondo Local de Oleiros ata o ano 2024.

Pódese acceder desde os ordenadores públicos de cada unha das bibliotecas municipais.

Estas Relacións Bibliográficas realízanse, sen ningún tipo de finalidade lucrativa, co obxectivo de facilitar a consulta ou a investigación sobre temas de Oleiros, a través da recompilación de artigos ou pequenas partes de obras que estuden algunha materia referente a este concello.