O concelleiro de Mobilidade, Comunicación e Novas Tecnoloxías, Pablo Cibeira, explicará a política do Goberno de Oleiros para acadar ao longo de 48 anos grandes espazos de convivencia; primando o público, o medio ambiente e as persoas no desenvolvemento urbano. Xunto co Concello de Oleiros tamén participará o ministro de Economía e Coesao Territorial, a secretaria de Estado de Mobilidade ou os alcaldes de Porto, Pontevedra, Chiclana, Covilhá, Machico, Allariz...
O singular modelo político desenvolvido polo Goberno municipal segue a suscitar admiración e interese xa non só noutros territorios do Estado español, senón tamén en moitos outros países do mundo. Importantes medios de comunicación de Colombia, Arxentina, Uruguai, Bielorrusia, Portugal, Cuba, Chile, Estados Unidos, México... fixéronse eco nas últimas semanas de distintas informacións relacionadas con iniciativas do Concello.