Campaña de animación á lectura

Campaña de animación da lectura

A Campaña de promoción da lectura realízase co fin de que o alumnado dos centros de ensino público deste Concello adquiran gusto pola lectura e amor polos libros, así como que coñezan algunhas das bibliotecas municipais para que as visiten e utilicen no horario en que non permanecen nos respectivos centros de ensino.

OBXECTIVOS:

- Coñecer algunhas das bibliotecas do Concello de Oleiros.

- Potenciar a asistencia ás bibiotecas municipais, non só como lugar de estudo e consulta, senón tamén como centros de lectura lúdica.

- Espertar o gusto pola lectura, de forma que vexan os libros como algo ameno, cos que poden pasar bos momentos ao mesmo tempo que se instrúen e amplían os seus coñecementos.

- Achegarnos pola vía da animación aos sectores menos dados á lectura, a aqueles nenos/as, adolescentes e mozos/as, que non sinten ningún interese por esta.

- Favorecer procesos de creación e expresión oral e escrita.

- Fomentar unha lectura lúdica, crítica e reflexiva que os faga pensar e reflexionar como cidadáns/as máis libres e solidadarios/as.

- Vivir o libro en colectividade, enriquecéndose cunha lectura activa e participativa.

- Promover a reflexión nos diferentes axentes educativos sobre a importancia da lectura como enriquecimento individual e colectivo.

- Incidir na importancia dos libros de contos, narracións e historietas no desenvolvemento da imaxinación e creatividade dos/das nenos/as, adolescentes e mozos/as.

LUGARES DE REALIZACIÓN:

- Biblioteca Central Rialeda, en Perillo.

- Biblioteca Pública Municipal e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro", en Santa Cruz.

- Biblioteca Pública Municipal "Manuel María", en Oleiros.

DESTINATARIAS/OS:

Alumnado dos centros de ensino público de Oleiros.

ACTIVIDADES:

En función das necesidades e da programación de cada centro realizaranse actividades específicas para os distintos centros que as soliciten:

- Presentación da biblioteca e explicación do seu funcionamento.

- Contacontos.

- Narración ou dramatización de contos.

- Actividades literarias.

- Encontros con autores/as.

- Obradoiros de ilustración.

Asset Publisher

Back Actividades de promoción da lectura

23 a 27 febreiro 2026

Actividades de promoción da lectura: 23 a 27 febreiro 2026

Programa de actividades educativas para o fomento da lectura que Bibloleiros organiza para os centros de ensino do Concello, de 23 a 27 de febreiro:

Na Biblioteca Central Rialeda (Perillo):

Luns 23 de febreiro:

- 10:15 Alumnado de 3º e 11:40 de 4º de EP do CEIP Juana de Vega (Nós). Rosalía pequena con Ramiro Neira

Martes 24 de febreiro:

- 10:00 Alumnado de 2º de ESO do IES Neira Vilas (Perillo).

Visita á Biblioteca Central Rialeda e Feirantes con Ramiro Neira

Mércores 25 de febreiro:

- 10:00 Alumnado de 4º de ESO do IES Neira Vilas (Perillo).

Visita á Biblioteca Central Rialeda e Feirantes con Ramiro Neira

Xoves 26 de febreiro:

- 10:00 Alumnado de 4º de ESO do IES Neira Vilas (Perillo).

Visita á Biblioteca Central Rialeda e Feirantes con Ramiro Neira

Venres 27 de febreiro:

- 10:00 Alumnado de 4º de ESO do IES Neira Vilas (Perillo).

Visita á Biblioteca Central Rialeda e Feirantes con Ramiro Neira

 

Na Biblioteca Rosalía de Castro (Santa Cruz):

Mércores 25 de febreiro:

- 10:30 Alumnado de 3º de EP do CEIP Parga Pondal (Santa Cruz).

Cantos de avoa con Trémola Teatro

 

Na Biblioteca Manuel María (Oleiros):

Martes 24 de febreiro:

- 10:00 Alumnado de 5º e 11:30 de 6º de EP do CEIP Rabadeira (Oleiros) 

A miña historia con Trémola Teatro

Xoves 26 de febreiro:

- 10:15 Alumnado de 1º e 11:30 de 2º de EP do CEIP Rabadeira (Oleiros) 

Cantos de avoa con Trémola Teatro

Venres 27 de febreiro:

- 10:15 Alumnado de 3º e 11:30 de 4º de EP do CEIP Rabadeira (Oleiros) 

Cantos de avoa con Trémola Teatro