Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás Oleiros vai ao teatro en Compostela: Hamlet de William Shakespeare

O vindeiro 27 de marzo en horario de tarde, o Concello de Oleiros ten previsto asistir á representación de Hamlet, unha produción do Centro Dramático Galego no Salón Teatro de Santiago de Compostela.

O Concello de Oleiros organiza unha visita o 27 de marzo ao Salón Teatro, en Santiago de Compostela, para asistir en horario de tarde á representación de Hamlet de William Shakespeare, unha produción do Centro Dramático Galego.

Hamlet é sen lugar a dúbidas a peza teatral máis famosa da historia, escrita arredor do 1600 por un home que pretendeu, como Atlas, coller a esfera da Terra nas súas mans, e con ela todos os asuntos humanos, e plantalos no seu pequeno teatro do sur de Londres, The Globe. Desde ese lugar o teatro pasaría a ser un espello no que a humanidade puido observarse dun xeito critico a través de pezas que son obras mestras inesgotables de pura paixón e acción escénica.

Ofértanse 50 prazas para maiores de idade, tendo preferencia as persoas empadroadas no Concello de Oleiros. A inscrición ten un custe de 1,00€ e inclúe os desprazamentos obrigatorios en autobús e a entrada ao teatro.

Inscricións a partir do 2 de marzo ás 10.00 horas na sede electrónica, no ámbito de cultura, o persoalmente na Fábrica, no departamento de Cultura, de 10.00 a 14.00 horas. No caso de ter máis solicitudes que prazas a adxudicación de prazas realizarase por sorteo entre as solicitudes rexistradas entre o luns 2 de marzo ás 10.00 horas e o xoves 5 de marzo ás 14.00 horas.

INSCRICIÓN

Máis información no Departamento de Cultura, A Fábrica.

back link