O Concello de Oleiros organiza unha visita o 27 de marzo ao Salón Teatro, en Santiago de Compostela, para asistir en horario de tarde á representación de Hamlet, unha producción do Centro Dramático Galego.
Hamlet é sen lugar a dúbidas a peza teatral máis famosa da historia, escrita arredor do 1600 por un home que pretendeu, como Atlas, coller a esfera da Terra nas súas mans, e con ela todos os asuntos humanos, e plantalos no seu pequeno teatro do sur de Londres, The Globe. Desde ese lugar o teatro pasaría a ser un espello no que a humanidade puido observarse dun xeito critico a través de pezas que son obras mestras inesgotables de pura paixón e acción escénica.
Ficha artística
Texto original: William Shakespeare
Dramaturxia: Vanesa Sotelo e Tito Asorey
Dirección: Tito Asorey
Elenco: Sergio Abelaira, Cristina Andrade, Belén Constenla, Raquel Espada, Isabel Garrido, César Goldi, Alejandro Jato, Marita Martínez, Iolanda Muíños, Anxo Outumuro, Pedro Placer, Adrián Ríos, Machi Salgado, Toni Salgado, Inés Salvado Gontad, Sergio Zearreta.
Ofértanse 50 prazas para maiores de idade, tendo preferencia as persoas empadroadas no Concello de Oleiros.
27 de marzo
Horario de tarde
Santiago de Compostela
Inscricións a partir do 2 de marzo ás 10.00 horas na sede electrónica, no ámbito de cultura, o persoalmente na Fábrica, no departamento de Cultura, de 10.00 a 14.00 horas. No caso de ter máis solicitudes que prazas a adxudicación de prazas realizarase por sorteo entre todas as solicitudes rexistradas entre o luns 2 de marzo ás 10.00 horas e o xoves 5 de marzo ás 14.00 horas.
A inscrición ten un custe de 1 € e inclúe os desprazamentos obrigatorios en autobús e a entrada ao teatro.