Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás A Xunta segue a boicotear a chegada do bus urbano 1-A da Coruña a Santa Cristina

Imagen A Xunta segue a boicotear a chegada do bus urbano 1-A da Coruña a Santa Cristina

A Xunta de Galicia persiste na súa negativa a autorizar que o bus urbano da Coruña poida ter unha parada en Santa Cristina, como reclama o Concello de Oleiros. O convenio necesario para poñer en marcha o servizo conta co acordo total de todas as entidades necesarias – Concello de Oleiros, Concello da Coruña e Compañía de Tranvías- excepto a Xunta. 

Na reunión celebrada o pasado martes sobre transporte na comarca da Coruña, a directora xeral de Mobilidade volveu argumentar a súa oposición a este servizo alegando que o Concello de Oleiros ten que pagar unha débeda de 49.000 euros á empresa de transporte pola perda económica que lle supuxo a chegada do bus 1-A a Santa Cristina entre os anos 2019 e 2022. Esa cantidade económica non está debidamente xustificada, polo que o Concello non pode nin debe regalar cartos públicos.

Sorprende moito que a empresa á que supostamente o Concello lle debe 49.000 euros non reclame eses cartos vía xudicial, un caso único de altruísmo. En cambio, a Xunta de Galicia pon esa condición para poder prestar o servizo, exercendo de cobradora do frac da compañía. A servizo de quen está a Xunta? Da cidadanía ou da empresa concesionaria?