A preinscrición telemática debe realizarse obrigatoriamente na web municipal www.oleiros.org, na sede electrónica (non é necesario estar rexistrado/a).
Admitirase unha única solicitude por persoa empadroada e nela podrá marcarse unha única actividade. Se alguén presenta máis dunha solicitude co mesmo nome a través da sede electrónica darase como válida a última presentada.
É importante gardar o número de inscrición xa que as diferentes listaxes virán relacionadas por esta numeración.
Documentación e acceso a preinscrición.
- Folleto de actividades de verán 2020: preme aqui.
- Tabla resumo de actividades: preme aquí.
- Paxina web de preinscrición: preme aquí.
Listados
Listados provisionais 30/06/2020: Preme aquí. (Telefono consulta: 981.63.65.98, ou enderezo electrónico: afabrica@oleiros.org).
Relación de Actividades sorteadas
- Oleria infantil Agosto è 350
- Campus DXT 2004-2008 (03-07 Agosto) è 398
- Campus DXT 2009-2010 (10-14 Agosto) è 57
- Campus DXT 2009-2010 (27-31 Xullo) è 441
- Kaiak 6 (17-21 Agosto) è450
- Surf 1 (13-17 Xullo) è 243
- Surf 2 (20-24 Xullo) è 449
Listado de vacantes a data 09 de xullo do 2020: preme aqui
- As solicitudes serán telemáticas a través do enderezo electrónico afabrica@oleiros.org
- A data e hora de comezo do prazo de inscrición libre, será a partir das 08:00 horas do venres 10 de xullo do 2020. Calquera solicitude que entre antes de dita hora será anulada.
- Para solicitar praza deberá mandarse, debidamente cuprimentado e asinado , o seguinte formulario (preme aqui). Deberá solicitarse unha actividade por formulario, polo que se se queren acceder a varias actividades, deberán enviarse tantos formularios como actividades solicitadas.
- Todos aqueles formularios que veñan con máis dunha actividade serán anulados.
- O feito de enviar o formulario de incrición non garantiza a praza.
- Unha vez confirmada a inscrición, remitirase a través do enderezo de correo electrónico facilitado previamente, a carta de pago correspondente ás inscricións admitidas, xunto coas instrucción de como se deberán realizar o proceso de pagamento e o prazo do mesmo.
- Confirmarase por correo o procedememento como correctamente realizado.