Noticias

Atrás MOSTRA DO ESCULTOR FRANCISCO ESCUDERO

 

EXPERIENCIA CREATIVA: FRANCISCO ESCUDERO ESCULTOR 2002-2012

Castelo de Santa Cruz

Do 27 de setembro ao 12 de outubro do 2013

Inauguración: venres 27 de setembro ás 20.30 horas.

 

O Consorcio das Mariñas organiza esta exposición itinerante que recolle a experiencia creativa do escultor Francisco Escudero entre os anos 2002 e 2012. En Oleiros a sala de exposicións do Castelo de Santa Cruz acollerá unha importante selección de esculturas (realizadas en granito, mármore, madeira e bronce), debuxos e fotografías relacionadas coa súa obra. A exposición ten como obxectivo difundir de forma didáctica o proceso creativo, técnico e profesional do autor. Para descargar o catálogo da exposición preme aquí.

Horario: luns a venres, de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00 horas / sábados, de 11.00 a 14.00 horas