O castelo de Santa Cruz é un dos edificios máis senlleiros do Concello de Oleiros, de feito está presente no escudo municipal. Nesta visita poderás coñercer a súa interesante historia, os segredos que agocha a súa arquitectura e o seu xardín, un dos espazos máis fermosos do concello.
Se nun visitaches a colección de olería do Museo Os Oleiros esta é a ocasión ideal. Percorreremos a historia deste museo, como se xestou a súa colección e descubriremos todos os segredos das pezas de barro qeu se custodian neste espazo municipal.
Todos os públicos.
Visita ao castelo de Santa Cruz: 16 de maio
Visita ao Museo Os Oleiros: 30 de maio
17.30 h
Do 18 de abril ao 15 de maio ás 14.00 h no caso da visita ao castelo e ata o 29 de maio ás 14.00 h no caso da visita ao museo.
De balde.
Teléfono: 981 61 00 00 extensións: 4211 ou 4321
Correo electrónico: museos@oleiros.org