Visita guiada ás exposicións do Castelo de Santa Cruz

Ven descubrir as exposicións que agocha o Castelo de Santa Cruz: Ensambleisaac, unha homenaxe a Isaac Díaz Pardo, e Obxectomanía: unha historia singular do coleccionismo, na que descubrirás a variada colección de obxectos e obras de arte doados ao concello por José María Kaydeda e Miguel Pampín Besteiro.