Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás O Concello programa 8 excursións para coñecer a natureza galega

 Oleiros, 9 de xaneiro de 2020-. O Concello de Oleiros retoma nas vindeiras semanas os programas de actividades “A Cultura da Natureza, Andares por Galicia” e “Oleiros vai de museo”. Trátase de saídas, visitas e rutas culturais por Galicia co fin de dar a coñecer, protexer e revalorizar a natureza, a contorna e os museos galegos coma patrimonio cultural.

 
Con estas actividades o Concello pretende promover a convivencia e a socialización, favorecer hábitos saudables de ocio no medio natural e que as persoas participantes descubran as características máis importantes a nivel natural, social e cultural das zonas que se visitan.
 
As saídas do programa "Oleiros vai de museo" están aínda sen determinar pero plantéxase unha previsión dunhas 5. As excursións programadas de “A Cultura da Natureza, Andares por Galicia” son as seguintes:
 
- Ruta pola Ribeira Sacra do Miño e Entroido Ribeirao: 16 de febreiro
- Ruta dos Cantís de Loiba (Ortigueira): 28 de marzo
- Ruta polas Fragas do Eume: De Fontardión á Capela: 25 de abril
- Ruta Familiar polo río Anllóns: 17 de maio
- Ruta da Serra do Barbanza: Castelo de Vitres á Curota: 30 de maio 
- Ruta de Sobrado dos Monxes á Fervenza das Brañas: 20 de xuño
- Ruta polo mar e monte de Muros: 26 de setembro
- Ruta circular do Castro de Doade (Lalín): 24 de outubro
 
 
Todas as saídas están dirixidas a persoas maiores de idade. No caso da saída familiar e as visitas a museos poderán ir menores acompañados. As prazas serán limitadas e no proceso de inscrición terán preferencia as persoas empadroadas no Concello de Oleiros.
 

 

back link