Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás O Concello de Oleiros organiza unha ruta por Rianxo para conmemorar o ano Castelao

Co gallo da celebración do 75 aniversario do pasamento de Castelao, figura senlleira da cultura, historia e política de Galicia, o Concello de Oleiros organiza o vindeiro sábado 28 de xuño terá lugar a ruta por Rianxo, do Alto da Muralla e río té ata Rianxo.

O sábado 28 de xuño celebrarase unha nova ruta do programa Andares por Galicia, Ruta por Rianxo: do Alto da Muralla e río Té ata Rianxo

As persoas participantes visitarán puntos de interese como o Miradoiro Monte da Muralla, vistas ás rías de Arousa e Muros-Noia, aldeas de Campelo, A Ermida e  A Ferrería, muíños de Quintáns, A Marquesa e Francuín; Río Té, o pozo Bastón, áreas de lecer das Miráns e da Laxe, paseo marítimo de Rianxo (coa galería aberta a 4 grandes autores rianxeiros: Castelao, Manuel Antonio, Rafael Dieste e Brea Segade), o Castelo da lúa (antigo castelo medieval), ría de Arousa, poeta modernista Manuel Antonio, Porto de Setefogas e casco vello de Rianxo para rematar cunha visita guida á Casa Museo Manuel Antonio. 

Este programa céntrase en descubrir as características máis importantes a nivel natural, social e cultural da nosa terra e xerar conciencia de coidado e protección do patrimonio natural e cultural. Así mesmo trata de promover a convivencia e a socialización do grupo de participantes nun ambiente aberto e favorecer hábitos saudables de ocio no medio natural.

A saída do 28 de xuño contará con 3 guías especializados/as e ofértanse 40 prazas, cun prezo de 23,00 euros.

As preinscricións realizaranse preferentemente na Sede electrónica/catálogo de trámites/cultura a partir do luns 16 de xuño ás 10.00 horas. No caso de que algunha persoa non lle sexa posible realizala así, poderá facelo na Fábrica en horario de mañá de 10.00 a 14.00 horas.

Para obter máis información sobre esta ruta e o conxunto do programa é posible dirixirse ao Departamento de Cultura do Concello de Oleiros, situado no centro cultural A Fábrica, ben fisicamente ou a través do teléfono 981 636 598 ou do correo electrónico r.caparros@oleiros.org.

Enlace inscricións á ruta

 

back link