Actividades culturais

Atrás ANDARES POR GALICIA: CONMEMORACIÓN ANO CASTELAO

2025: Ano Castelao co gallo da celebración do 75 aniversario do seu pasamento e como “mostra de gratitude do pobo galego” a esta figura senlleira da cultura e política galegas.

O vindeiro sábado 28 de xuño terá lugar unha nova edición do programa Andares por Galicia, a Cultura da Natureza, organizado polo Concello de Oleiros.

Este Programa céntrase en descubrir as características máis importantes a nivel natural, social e cultural da nosa terra e xerar conciencia de coidado e protección do patrimonio natural e cultural. Así mesmo trata de promover a convivencia e a socialización do grupo de participantes nun ambiente aberto e favorecer hábitos saudables de ocio no medio natural.

Esta saída contará con 3 guías especializados/as e ofértanse 40 prazas dirixidas a persoas maiores de idade, cun prezo de 23 euros.

  • As preinscricións realizaranse preferentemente na Sede electrónica/catálogo de trámites/cultura a partir do luns 16 de xuño ás 10.00 horas.
  •  No caso de ter máis solicitudes que prazas a adxudicación de prazas realizarase por sorteo entre todas as solicitudes rexistradas entre o luns 16 de xuño ás 10.00 horas e o martes 17 ás 14.00 horas, na sede electrónica, no catálogo de trámites, ámbito de cultura. No caso de que algunha persoa non lle sexa posible realizala así, poderá facelo na Fábrica en horario de mañá de 10.00 a 14.00 horas.

Sábado, 28 de xuño de 2025

RUTA POR RIANXO: DO ALTO DA MURALLA E RÍO TÉ ATA RIANXO

Punto inicio: Monte da Muralla (Rianxo)

Punto final: Rianxo

Distancia da ruta: 15 km

Dificultade: media

PUNTOS DE INTERESE

  • Miradoiro Monte da Muralla, vistas ás rías de Arousa e Muros-Noia.
  • Aldeas de Campelo, A Ermida e  A Ferrería
  • Muíños de Quintáns, A Marquesa e Francuín. Río Te
  • O pozo Bastón, fervenciñas
  • Áreas de lecer das Miráns e da Laxe
  • Paseo marítimo de Rianxo, coa galería aberta a 4 grandes autores rianxeiros: Castelao, Manuel Antonio, Rafael Dieste e Brea Segade
  • O Castelo da lúa, antigo castelo medieval
  • A ría de Arousa, paisaxe natural e cultural
  • O poeta modernista Manuel Antonio
  • Porto de Setefogas
  • Casco vello de Rianxo

VISITA CULTURAL:

  • Visita guiada á Casa Museo Manuel Antonio

Fecha del evento

Sábado, 28 de xuño de 2025

INSCRICIÓN