Desde Octubre 2010

Atrás Lobo Jack

Imagen Lobo Jack

Expo 150 aniversario do nacemento de Jack London 1876-2026

Lobo Jack: 150 aniversario do nacemento de Jack London 1876-2026

Unha biografía de película: nos seus corenta anos de vida (1876–1916), o escritor Jack London foi peón, mariñeiro, granxeiro, xornalista, produtor cinematográfico... Escribíu novela, conto, poesía, ensaio, libros de viaxes e crónica xornalística (máis de 50 libros entre 1900 e 1916, algúns deles traducidos a 70 idiomas) centos de contos e artigos. Entre os máis coñecidos, A chamada da selva = La llamada de lo salvaje (1903), El lobo de mar (1904), Cairo branco = Colmillo blanco (1906), O talón de ferro = El talón de hierro (1908) ou Martin Eden (1909). Foi un dos primeiros escritores supervendas de Norteamérica, gañando unha fortuna coas súas obras. Lector voraz desde neno, foi fundamental na súa formación intelectual, Biblioteca Pública de Oakland (California) e a súa bibliotecaria, a poeta Ina Coolbrith quen lle ofreceu a súa orientación literaria (Ina foi tamén mentora da bailarina Isadora Duncan).

A súa extraordinaria capacidade para a descrición de paisaxes agrestes e personaxes case sempre bravíos (cun uso maxistral dos animais, nomeadamente os cans), engadido a unha gran economía da linguaxe e unha arte singular no desenvolvemento da acción, convírteno nun dos cumios da literatura norteamericana, a medio camiño entre a xeración dos Melville, Hawthorne, Poe, Thoreau ou Whitman e a xeración perdida: Dos Passos, Faulkner, Steinbeck, Fitzgerald.

Jack London escribíu tanto sobre lobos e cans que un amigo de seu alcumouno "O Lobo".

Lévate en préstamo os libros da Expo Lobo Jack na Biblioteca Central Rialeda (Perillo). 

Obras de London en Bibloleiros

Títulos dispoñibles en GaliciaLe

Títulos dispoñibles en eBiblio

Fontes: 

jacklondonparkjacklondonsocietyforgottenpoetseldiariozendalibroseditorialletraherido