Asset Publisher

Back Expo de Siri Hustvedt, Premio Princesa de Asturias das Letras 2019

http://www.fpa.es/es/premios-princesa-de-asturias/premiados/2019-siri-hustvedt.html?texto=trayectoria&especifica=0

A escritora Siri Hustvedt foi merecedora do Premio Princesa de Asturias 2019 das Letras. A Biblioteca Rialeda (Perillo) e a Biblioteca Rosalía de Castro (Santa Cruz) presentan as súas obras en senllas expos, agardando que goces coa lectura dos seus libros. A dicir do xurado deste galardón, "a súa obra é unha das máis ambiciosas do panorama actual das letras. Incide nalgúns dos aspectos que debuxan un presente convulso e descougante, desde unha perspectiva de raíz feminista. E faino desde a ficción e o ensaio, como unha intelectual preocupada polas cuestións fundamentais da ética contemporánea. Traducida a máis de trinta idiomas, contribúe coa súa obra ao diálogo interdisciplinar entre as humanidades e as ciencias".
Siri Hustvedt foi protagonista no Mes do "Movemento para ler libros escritos por mulleres" da Biblioteca Rosalía de Castro (Santa Cruz) e a súa obra "Todo cuanto amé" foi obxecto de análise nas tertulias literarias da Biblioteca Rialeda e Santa Cruz. 
Os seus libros, "El verano sin hombres" e "Elegía para un americano", foron recomendados no espazo radiofónico Todo está nos libros da emisora municipal Radioleiros.