Tertulias literarias

Nesta actividade realízase o comentario de obras de distintos xéneros literarios, principalmente narrativa contemporánea, nun ambiente de familiaridade, procurando o lado formativo e á vez, lúdico da lectura.

O principal obxectivo desta actividade é animar a ler  e a gozar da literatura como un desenvolvemento da capacidade de creación e comunicación, de maneira que compartindo ideas e eflexionando sobre temas diversos poidamos enriquecernos cos diferentes puntos de vista.

Preténdese ir descubrindo a maneira de escribir de cada autor ou autora, os distintos estilos, o tipo de linguaxe que utilizan e analizar os textos escritos, os procedementos e as características máis importantes de cada obra. A actividade complétase con encontros con escritoras e escritores.

Tes máis información:

  • Na Biblioteca Central Rialeda de Perillo. Tel.: 981 639 511
  • Na Biblioteca Pública Municipal ”Rosalía de Castro" de Santa Cruz. Tel.: 981 626 338
  • No Teléfono do Veciño: 981 610 000  

 

Asset Publisher

Back Tertulias literarias nas Bibliotecas de Oleiros (13 a 15 abril 2026)

Biblioteca "Mª José Trincado". Mera (Grupo A)
- Luns 13 de abril.
19 a 20:30 h.
Comentario de "Viento del norte" de Elena Quiroga.
Documentación.
Ao remate entregaráse o caderno "Isaac Díaz Pardo e Luis Seoane: unha narrativa visual".

Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro". Santa Cruz (Grupo A)
- Martes 14 de abril.
17:30 a 19:30 h.
Comentario de "Gomorra" de Roberto Saviano.
Documentación.
Ao remate entregaráse "Feliz Idade" de Olga Novo.

Biblioteca Central Rialeda. Perillo (Grupo B)
- Mércores 15 de abril.
17:30 a 19:30 h.
Comentario de "El túnel" de Ernesto Sábato.
Documentación.
Ao remate entregaráse "Un mundo feliz" de Aldous Huxley.

Modera as sesións: Silvia Salgado [Érase una Red].