Novas

NOVAS

Atrás Oleiros convoca un concurso literario para escolares

 Oleiros, 5 de novembro de 2014-.  O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Oleiros convoca o Premio Literario Descubrindo Oleiros, unha proposta que busca poñer en común promover a lingua e dar a coñecer o municipio. Esta iniciativa está destinada  a todos os rapaces e rapazas de 5º e 6º de primaria e de ESO empadroados no Concello de Oleiros.

 
Os relatos estarán ambientados en Oleiros, escritos en lingua galega, serán inéditos, que non fosen premiados en ningún outro concurso e non estean pendentes de fallo noutros premios. Presentaranse co título orixinal e un pseudónimo, sen ningún dato que revele a identidade do autor ou autora. A obra acompañada polo sobre presentarase en cada centro ou dirixirase ao Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Oleiros. O prazo de presentación de obras rematará o próximo 5 de decembro.
 
O xurado estará formado por persoal do Concello relacionado coa cultura, a lectura e a literatura e poderán contar co apoio de persoas especializadas. Outorgarase un premio por cada categoría. Os premios que se concederán serán unha cámara de fotos para a categoría 1 e 2 e un libro electrónico para a categoría 3. Ademais os tres relatos finalistas de cada categoría publicaranse nun libro feito con motivo do concurso.
 
back link