Documentación Encontros con autores/as

Asset Publisher

Back Claudia González Caparrós presenta os seus poemarios en Rialeda

/documents/39407/55553/DLFE-30474.pdf/bddda947-822f-0a27-6c7b-f174191425c3

/documents/39407/55553/DLFE-30474.pdf/bddda947-822f-0a27-6c7b-f174191425c3O mércores 19 de xuño ás 20.00 horas na Biblioteca Central Rialeda (Perillo), terá lugar a presentación dos poemarios de Claudia González Caparrós.

Claudia González Caparrós naceu na Coruña no ano 1993. É graduada en Estudios Literarios pola Universitat de Barcelona e obtivo o Máster en Historia del Arte Contemporáneo y Cultura Visual pola Universidad Autónoma de Madrid e en Literaturas Hispánicas na Indiana University. 
É autora dos poemarios "Si la carne es hierba (Sully Morland)", áccesit VIII Premio de Poesía Joven Pablo García Baena, no ano 2015, e "Te miro como quien asiste a un deshielo" (2018), ambos publicados en La Bella Varsovia.
Participou no Festival Cosmopoética en 2015 e Marpoética no 2019 e na Feria del Libro de Madrid en 2018 e 2019.
Tamén traduciu ao galego a plaquette "Este é o agasallo que lle dou ao meu corpo" (2018), de Robin Myers, publicado pola editorial Tulipa.
Os seus poemas apareceron en revistas literarias como Nayagua ou Años Diez.