Documentación Encontros con autores/as

Asset Publisher

Back Presentación de "O punto de maduración" con Mª Luisa Abad

/documents/39407/55544/DLFE-21668.pdf/755a49d9-f026-cf89-e23f-945366fe3594

Venres, 12 de xuño ás 18:30
Biblioteca Rosalía de Castro (Santa Cruz).
Luisa Abad, naceu en A Coruña e licenciouse en Pedagoxía pola Universidade de Barcelona. Mestra, profesora de Educación Infantil e Primaria e Secundaria durante 40 anos en A Coruña, Barcelona e Vigo. Foi asesora de Formación Permanente de Educación Infantil e de Coeducación durante nove anos no Centro de Formación Continuada do Profesorado de Vigo. Con posterioridade, orientadora nos institutos Valentín Paz Andrade de Vigo e no Zalaeta d'A Coruña.
Unha vez xubilada decide asistir a obradoiros literarios con Dores Tembrás, Xavier Seoane, Yolanda Castaño e especialmente con Antía Otero. Con ela leva traballando catro cursos. Este é o seu primeiro poemario.


MJ Pérez é unha nova artista do panorama actual da música en galego. Compositora e intérprete dos seus propios temas, agora estrea o seu segundo álbum: “Guerrilleira”. Con pouco máis dun ano sobre os escenarios, leva máis de 20 concertos ás súas costas. MJ foi finalista do “I Certame de música de Autor” do Concello de Teo e compartíu palco con diversos artistas como Superoito, Mäbu, Silvia Penide ou Ivy Moon.
Tamén adoita estar presente en actos de carácter literario: MJ acompañou en varias ocasións a Mercedes Leobalde en diversas presentacións do seu poemario “Chamádeme Eva” e do seu libro “Funambulistas”.
A música de MJ está dispoñible no seu perfil de bandcamp (mjperez.bandcamp.com) e na súa canle de Youtube. Tamén podes seguila en Facebook (MJPerezmusic) ou en Twitter (@chamanmeMJ).