O vindeiro sábado 22 de febreiro terá lugar unha nova edición do programa Andares por Galicia, a Cultura da Natureza, organizado polo Concello de Oleiros.
Este Programa céntrase en descubrir as características máis importantes a nivel natural, social e cultural da nosa terra e xerar conciencia de coidado e protección do patrimonio natural e cultural. Así mesmo trata de promover a convivencia e a socialización do grupo de participantes nun ambiente aberto e favorecer hábitos saudables de ocio no medio natural.
Esta saída do 22 de febreiro contará con 3 guías especializados/as e ofértanse 40 prazas dirixidas a persoas maiores de idade, cun prezo de 23 euros.
- As preinscricións realizaranse preferentemente na Sede electrónica/catálogo de trámites/cultura a partir do martes 11 de febreiro ás 10.00 horas.
- No caso de que algunha persoa non lle sexa posible realizala así, poderá facelo na Fábrica en horario de mañá de 10.00 a 14.00 horas.
- Ocuparanse as prazas por sorteo entre todas as solicitudes rexistradas entre o martes 11 de febreiro ás 10.00 horas e o mércores 12 ás 15.00 horas e terán preferencia as persoas empadroadas no Concello de Oleiros.
Sábado, 22 de febreiro de 2025 RUTA DA FERVENZA DO TOXA AO MOSTEIRO DE CARBOEIRO ENTROIDO DOS XENERAIS DO ULLA |
Punto inicio/ Aparcamento do Miradoiro da Fervenza do Toxa (Silleda) Punto fin: Mosteiro de Carboeiro (Silleda) Distancia da ruta: 9,5 km Dificultade: media-baixa |
PUNTOS DE INTERESE
VISITA CULTURAL:
|
persoas maiores de idade
Sábado, 22 de febreiro de 2025
a partir do martes 11 de febreiro ás 10.00 horas.
23 euros