Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás O Centro Cultural A Fábrica acollerá a mostra de pintura de NOSARTE do 8 ao 23 de maio

Imagen O Centro Cultural A Fábrica acollerá a mostra de pintura de NOSARTE do 8 ao 23 de maio

O Centro Cultural A Fábrica, en Perillo, acollerá desde o venres 8 ao sábado 23 de maio a mostra de pintura de NOSARTE denominada “A Primavera”.

Trátase dunha exposición de debuxo e pintura realizada polos nenos e nenas dos CEIP Juana de Vega, Valle Inclán e A Rabadeira e que asisten ás clases de NosArte; arte e pintura, dirixidas pola profesora Laura Gualda.

A exposición inaugurarase o venres 8 de maio ás 20:0 na Fábrica. 

O horario de visita será de luns a venres, de 9.00 a 15.00 e de 17.00 a 21.30 horas e sábados de 10.00 a 13.30 horas.