A obra, prevista nos orzamentos municipais, conta co financiamento necesario para a súa licitación: máis de 1 millón de euros. Previamente xa se fixeran tamén as correspondentes expropiacións, para os 2,5 km de percorrido: 29.631 metros cadrados pertencentes a 61 parcelas, todas en solo rústico, polas que o Concello pagou 270.000 euros.
“Metemos esta obra nos orzamentos para este ano e xa tiña que estar contratada, pero incomprensiblemente non é así porque a Xunta leva desde o 12 de decembro sen resolver un informe. Despois venden ese Camiño do Litoral para o que non fixeron nada. Fan fotos e vídeos posando o presidente, os conselleiros... cando non achegan nin un céntimo para financiar a construción dos paseos costeiros e agora tamén imposibilitan que se leven adiante. Que vergoña!”, comentou o alcalde.